O BNG demanda a fin das leis de excepción contra @s pres@s independentistas

Deputad@s do BNG reuníronse con membros da plataforma Que Voltem a Casa, aos que transladou o compromiso da fronte nacionalista polo achegamento a Galiza das persoas presas e pola "derrogación das leis de excepción"

O voceiro do grupo Parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e @s deputad@s Carlos Aymerich e Carme Adán, reuníronse esta cuarta feira con representantes da plataforma Que voltem a casa, xuntanza na que esta transladou a súa preocupación pola conculcación dos dereitos fundamentais dos e das presas independentistas, situación que viola a lexislación penitenciaria e diversos instrumentos internacionais ratificados polo Estado español, particularmente en materia de prevención da tortura.

Reiterando o seu rexeitamento da violencia, o BNG manifestou o seu compromiso a seguir demandando en todas as instancias nas que está representado, "a derrogación das leis de excepción que impoñen a incomunicación d@s detid@s, o achegamento a Galiza das persoas encarceradas fóra do país e a prevención e persecución da tortura, de conformidade coas recomendacións do Comité de Dereitos Humanos da ONU e do Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura".

Comentarios