POLÍTICA

O BNG exixe que as vivendas do 'banco malo' se poñan en alugueiro para frear os despexos

O BNG exixe que as vivendas do 'banco malo' se poñan en alugueiro para frear os despexos

Levan ao Parlamento unha proposición de lei en contra das execucións hipotecarias en que reclaman a posta en marcha dun plan de vivenda pública cos activos tóxicos procedentes da reestruturación bancaria. Ao mesmo tempo, en Madrid, o PP bloqueará unha ILP pola dación en pagamento para votar en prol da declaración BIC das touradas
photo_camera [Imaxe: GalizaContrainfo]


Que os activos tóxicos do denominado 'banco malo' (a Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria) poidan empregarse para pór en funcionamento un plan de vivenda pública. É esta unha das propostas que o grupo parlamentar do BNG defenderá esta terza feira no pleno da Cámara, a través dunha proposición non de lei con medidas urxentes contra as execucións hipotecarias que veñen de presentar o voceiro da formación frontista, Francisco Jorquera, e o deputado e voceiro de Vivenda, Cosme Pombo.

Así as cousas, este primeiro paso que, de ser apoiado, iría ao Congreso [email protected] [email protected], procura como obxectivo frear os despexos e paliar a situación de emerxencia social que deriva dos datos oficiais: en 2011 a banca botaba da casa por volta de 6 familias ao día. A cifra aumentou até as 11 no primeiro trimestre do ano pasado. As familias afectadas na Galiza serían máis de 8 mil.

A proposición lexislativa do BNG pretende unha reforma da normativa hipotecaria e civil que evite que a falta de ingresos dunha familia se traduza na perda da súa vivenda. Así o explicou Pombo, debullando os cambios normativos que se achegan para que o parque de inmóbeis baleiros que son titularidade dos bancos rescatados con cartos públicos se destinen a promover políticas de vivenda social accesíbeis para as persoas con menos ingresos.

Para alén do xa sinalado, Jorquera e Pombo acrecentaron que na proposición que levan ao pleno do Parlamento tamén se reclama a dación en pagamento como maneira de cancelar a totalidade da débeda hipotecaria, de tal xeito que a perda de valor do inmóbel fique asumido pola entidade bancaria que taxou "artificialmente" por riba do valor real.

Tamén se introduce a negociación para a moratoria do pagamento, axustando os prazos pactados á situación económico; así como a transformación dun contrato de arrendamento con opción de compra ou condoación da débeda. Por derradeiro, explicou Cosme Pombo que se alenta, así mesmo, á modificación dun artigo do Código civil para evitar situacións como a de [email protected] do agro que, "por unha pequena débeda", teñen que responder até coas súas terras, podendo o banco facerse con elas "a prezo de saldo".

As prioridades do PP: contra a dación en pagamento, a favor de que as touradas fiquen protexidas

A proposición do BNG debaterase no Parlamento galego cadrando coa chegada ao Congreso español das dúas ILP que abrirán o periodo ordinario de sesións. A primeira, presentada pola Plataforma de [email protected] pola hipoteca, persegue tamén a dación en pagamento. Malia ficar avalada por 1,4 millóns de sinaturas, o PP votará en contra.

Porén, dará o seu voto a prol da segunda ILP, a presentada pola Federación de entidades taurinas de Catalunya para darlles ás touradas a categoría de Ben de interese cultural, BIC, isto é, tornar estes espectáculos en festas protexidas. Tal recoñecemento deixaría sen efecto a prohibición de organizar corridas en territorio catalán, vixente desde xaneiro de 2012.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios