O BNG exíxelle explicacións ao goberno polo contrato de EULEN

O grupo parlamentar nacionalista presentou unha pregunta no rexistro exixindo explicacións con respecto da contratación da empresa EULEN para a xestión das preferentes.

Como adiantaba a pasada terza SermosGaliza, a CIG denunciou a contratación dunha empresa privada --da cal é apoderada a irmá de Núñez Feijóo-- para a atención das persoas afectadas pola estafa das preferentes. O contrato, por valor de 85.000€, non foi publicado nin publicitado en ningún boletín nin diario oficial e finalmente adxudicouse á empresa EULEN, receptora doutras concesións como a xestión monopolizada da actividade cultural na Coruña e Ferrol.

Neste sentido, o BNG presentou esta cuarta a través do seu deputado Fernando Branco Parga, unha pregunta perante o rexistro do Parlamento de Galiza, onde exixe unha explicación á Mesa do Parlamento con respecto do procedemento desenvolvido na contratación da empresa EULEN, así como a xustificación que motivou o devandito contrato. 

 

Comentarios