O Bloque pide o cese de Juárez pola súa "estratexia represora" e "incompetencia demostrada"

A organización frontista demanda perante o Congreso español que o delegado do goberno sexa destituído do seu cargo. Para o BNG, Samuel Juárez ten "unha incompetencia demostrada" para exercer o seu cargo

Olaia Fernández Davila
photo_camera Olaia Fernández Davila

Após as declaracións realizadas polo delegado do Goberno español na Galiza, o BNG presentou perante o Parlamento español unha iniciativa encamiñada a demandar ao Goberno de Mariano Rajoy o cesamento de Samuel Juárez. 

Segundo a portavoz do Bloque, Olaia Fernández Davila, a destitución de Juárez baséase no "aumento da represión antidemocrática" exercida pola Delegación contra "persoas que exercen o seu dereito á libre expresión e reunión pública" ao tempo que procura "amedrentar" aos colectivos que "se mobilizan perante as crecentes inxustizas e desigualdades" derivadas das políticas dos gobernos da Xunta e Madrid. 

Aliás, @s nacionalistas denuncian "a estratexia represora" do delegado do Goberno que sitúan no "aumento de expedientes sancionadores" impostos desde a súa chegada a esta institución gobernativa. 

Para o Bloque as aseveracións manifestas de Juárez son "falsas" e deveñen dunha "ideoloxía particular" que pretende relacionar á fronte "con persoas e organizacións que perpetran actos violentos"

Olaia Fernández Davila, criticou asemade as declaracións de Samuel Juárez nas que instaba á organización frontista a condenar de maneira "máis clara e inequívoca" determinados actos de violencia ao considerar que o BNG está a desenvolver "dobres linguaxes e comprensión" en relación a unha organización cuxa existencia fica pendente de se probar. 

Para o Bloque as aseveracións manifestas de Juárez son "falsas" e deveñen dunha "ideoloxía particular" que pretende relacionar á fronte "con persoas e organizacións que perpetran actos violentos". @s nacionalistas lembran na súa iniciativa que "a súa traxectoria é impecábel" e denuncian as pretensións do delegado do goberno español do que din emprega "acusacións infundadas e falsas" coa intención de "provocar dano no contrincante politico" nun momento de "decadencia na percepción social da política".

Comentarios