O Bloque enfatiza que "somos multitude" e chama a rebelarse

Apostar polo tecido produtivo do País, impulsar a banca pública galega e asinar novos acordos comerciais son tres das alternativas que o voceiro nacional Xavier Vence colocou riba da mesa para "tumbar un PP que lexisla só en beneficio da banca a costa de arrasar con todo"

photo_camera Vence, Montse Prado e Bieito Lobeira [BNG]


Impulsar unha resposta social unitaria fronte a unha situación económica "case desesperada".

Con este obxectivo, o Bloque presentou esta fin de semana a campaña Non é unha crise. É un roubo nunha rolda de imprensa en que o voceiro nacional da formación frontista, Xavier Vence, chamou a "xuntar as loitas" d@s aforrador@s estafad@s coa comercialización das preferentes coa d@s desafiuzad@s e coa da clase traballadora no seu conxunto "para poñermos a banca no seu sitio". 

"A cidadanía debe rebelarse antes de que sexa demasiado tarde", enfatizou Vence, chamando o pobo galego a reaxir para "tumbar un PP que lexisla só en beneficio desa banca a costa de arrasar a economía produtiva, os servizos públicos e os nosos aforros".

Como consecuencia das políticas do Goberno galego, apuntou que por volta de 64.000 familias están a piques de perder uns 600-700 millóns de euros coas quitas de preferentes e subordinadas. Galiza perde nese lance un volume de aforro que equivale ao 1% do noso PIB total.

Neste sentido explicou que unha grande parte da suba de impostos (IVE, IRPF, taxas) van destinados a pagar ao longo dos vindeiros anos o rescate da banca española (cando menos uns 180.000 millóns de euros da débeda pública -un 18% do PIB español-, que en 2012 fixo pasar o déficit público dun 7% a un 10,5% do PIB).

"Os galegos imos pagar todo iso e ao final imos quedar sen aforros e sen sistema financeiro", expuxo o voceiro nacional do Bloque, quen chamou a por en funcionamento "medidas de reactivación da economía produtiva", entre as cales colocou a banca pública galega e a sinatura de novos acordos comerciais.

Comentarios