O alcalde da Illaentra na pugna pola secretaría xeral do PSdeG

Manuel Vázquez, rexedor do concello arousá desde hai 14 anos, dá o paso coa finalidade de que o socialismo “recupere a confianza da cidadanía”

 

Manuel Vázquez e Pachi Vázquez
photo_camera Manuel Vázquez e Pachi Vázquez

Até o de agora, a de Gómez Besteiro era a única candidatura que había sobre o taboleiro para optar á secretaria xeral do PSdeG-PSOE. Pachi Vázquez, nunha entrevista con Sermos Galiza, anunciou que nun prazo de vinte días decidiría se se presentar como candidato. E agora, un economista arousá que leva 14 anos como alcalde da Illa (un pequeno concello de 5.000 habitantes, mais todo un referente para o socialismo) anunciou que daba o paso á frente para competir por ese posto.

Hai quen pode ver en Manuel Vázquez un 'tapado' do ex-ministro José Blanco (amigo persoal do arousá e que pasa longas temporadas no municipio, onde posúe unha vivenda), mais el négao rotundamente. Nunha entrevista en La Voz, onde apunta a quen queira ver iso “equivócase totalmente”.

Vázquez, nesa mesma entrevista, sinala que a decisión de se presentar foi reflexionada (“non son de dar saltos de trampolín”) e que o PSdeG debe de se centrar en recuperar “a confianza da cidadanía”, ofrecendo solucións e achegando propostas e alternativas.

Comentarios