O CIS sitúa no 18% a percentaxe de galeg@s que se din nacionalistas

A metade d@s esquisad@s (50,3%) apostan por un modelo de Estado como o actual seguido do 16% que defenden a re-centralización política. Son dados tirados do estudo realizado polo CIS após as eleccións galegas de Outubro de 2012.

 

Os dados tirados da enquisa elaborado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) recolle que o 18,5% d@s enquisad@s se consideran "nacionalista galeg@", en troca o 76% di non o ser. 

O sentimento naconalista é maioritario nas faixas de idade entre os 27 e os 44 anos

Porén, nunha escala do 1 ao 10 a maior parte da mostra (24,5%) sitúase na metade, sendo maioritario este "sentimento nacionalista" nas faixas de idade entre os 27-44 anos. Aliás, a maior parte d@s enquisad@s (74,8%) considérase "tan español/a como galeg@" fronte o 5,4% da mostra que di ser "unicamente" ou "máis" español/a. Doutra banda, o 18,5% asegura ser "máis" ou "unicamente galeg@".

A respeito do modelo territorial, a enquisa do CIS recolle que o 50,3% d@s galeg@s obxecto de estudo prefire un estado "como na actualidade" en troca dun con maiores competencias descentralizadas (9,8%) ou nun en que os territorios posúan capacidade para se independizaren (2,7%). Doutra banda, o 16,2% apostarían por unha maior re-centralización política do Estado español ou con "menor autonomía" para as comunidades que o integran.

Comentarios