O número de descarrilamentos investigados no Estado español quintuplicouse en cinco anos

A Comisión de Fomento de accidentes ferroviarios investigou 2 sucesos deste tipo en 2008 fronte os 14 de 2011. Actualmente está a investigar sete descarrilamentos acontecidos entre 2012 e 2013. En 5 anos (2006-2011), o número deste tipo de accidentes pasou de 1 a 14. Só 4 deles tivo coma orixe un fallo humano. No resto as causas tiveron a ver con deficiencias no estado das infraestruturas e con fallos mecánicos.

Redúcense os accidentes ferroviarios mais aumentan os descarrilamentos. En 2007 naceu a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios. No exercicio 2008 investigou 57 sucesos, dos que tan só dous foron descarrilamento.

A comisión de Fomento investigou en 2007 só 2 descarrilamentos. En 2011, 14

Dous anos despois o número de accidentes ferroviarios investigados era de 28, a metade de 2008. Mais a cifra de descarrilamentos sobre os que esta comisión pescudou foi de 8, seis máis que dous anos antes. A tendencia mantívose en 2011. A comisión investigou 24 accidentes e incidentes ferroviarios; dos cales máis da metade (14) estaban relacionados con descarrilamentos.

Na actualidade, a comisión do Ministerio de Fomento ten en curso 20 investigacións. Delas, sete fan parte de incidentes relacionados co descarrilamento.

Causas

Mais por que este aumento de sucesos de descarrilamentos? Fontes sindicais apuntan a dous motivos: En primeiro lugar, que por propios motivos de seguridade decidiuse investigar sobre calquera descarrilamento, por mínimo que fose.

En segundo lugar, cambios en vías e condicións que poden derivar en que as pestañas das rodas non encaixen ben en ocasións, sobre todo en velocidades altas.

Comentarios