A número 2 de Negreira, imputada

Os xulgados voltan a deitar sospeitas de corrupción sobre o PP da Coruña. En plena campaña, o xulgado número 8 da cidade chama a declarar como imputada a Rosa Gallego, número 2 da candidatura de Negreira.

Negreira ficou xa sen a compañía do seu lugartenente Julio Flores, tocado polo caso Pokemon, e agora en plena campaña eleitoral ve como a súa nova número dous, a concelleira Rosa Gallego, tamén se ve atinxida por unha denuncia xudicial.

Segundo informa La Voz de Galicia, a xuíza do número 8 da Coruña, María Francisca Justo Vicente, chamaría a declarar por un "delito non especificado" a Gallego e canda ela tamén a Begoña Freire, asemade candidata e concelleira.

Estas dilixencias son produto dunha denuncia interposta contra estas integrantes da candidatura de Negreira por unha ex funcionaria do concello, María Elena Álvarez Cortiñas, que as acusaba de "trato degradante" e de "prevaricación" cando se efectivizou o seu cesamento como xefa do servizo de mobilidade.

Comentarios