sábado 31/10/20

Novos tempos, novas ferramentas, nova Causa Galiza

O proceso de reflexión e reconfiguración da plataforma CG vén de poñer o ramo en forma de bases dun novo proxecto independentista que avoga por sumar enerxías “para unha rutura con España como única vía posíbel”.

bandeira

A pasada fin de semana Compostela acolleu a fase definitiva da reconfiguración da 'vella' Causa Galiza nunha nova organización en chave “independentista e socialista”. Un encontro que foi, afirman @s participantes, “o punto de inflexión definitivo” para construír “un novo proxecto dirixido a impulsar a liberación nacional”.

Chaman a "superar erros do pasado" e sumar forzas no camiño da "liberación nacional e social"

Valoran a existencia de 'Galiza pola Soberanía' como un axente en torno ao que poder alicerzar diferentes sectores soberanistas nunha estratexia común para incidir na necesidade de superar o marco autonómico cara se dotar dun estado propio.

Nese camiño, proseguen, a “nova Causa Galiza é unha ferramenta nova” para un “tempo novo”. Un camiño que sume “homes e mulleres” dispostos a desenvolver “con todas as súas forzas” o proceso que leve “á ruptura con España”

“Sería prepotente, para alén de ridículo, afirmar que temos a 'fórmula´”

Este novo proxecto parte de considerar que “obxectivamente” é un tempo de oportunidades “e horizontes abertos para o independentismo galego”, mais que tamén hai certo fastío, “aborrecemento” nunha militancia “cansa de experimentos”. Por iso queren partir da humildade e do compromiso para, “superando erros do pasado” e avanzar no “camiño da liberación nacional e social”.

comentarios