Novo pucheirazo e/ou adianto eleitoral

Sobre a mesa de Rajoy hai neste momento dúas opcións:reformar a lei eleitoral sen consenso para elixir directamente as alcaldías ou convocar eleccións para facer inviábel o referendo catalán.

As ondas expansivas do 25-M --queda do bipartidismo, vitoria do soberanismo en Euskal Herria e Catalunya e emerxencia de Podemos-- continúan a facer o seu traballo sobre o mapa político estatal. A bóla está no tellado do PP e, no concreto, no despacho presidencial de Rajoy. 

Sinteticamente as opcións son dúas: ou reformar a lei eleitoral para quen en maio de 2015 a dereita non perda practicamente todo o poder municipal e autonómico no Estado, ou adiantar as eleccións xerais e, polo tanto, non submeterse ao veredito do eleitorado despois de ter sido desnaturalizado polos comicios anteriores. E, de paso, facer placaxe ao referendo de autodeterminación catalán --convocado para o 9 de novembro. 

No número 104 do semanario Sermos Galiza debullamos ambas as dúas opcións e afondamos nas consecuencias das mesmas. Ao teu dispor, na nosa loxa e nos quiosques do país

Comentarios