domingo 25/10/20

As novas restricións do BOE pola Covid: O Goberno estatal dá 48 horas para que principien a aplicarse

“Este acordo será de obrigado cumprimento para todas as comunidades e cidades autónomas integrantes do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde”, sinala o BOE, incluídas as que rexeitaron as medidas, como Madrid, Andalucía, Catalunya, Galiza e Ceuta. Na práctica afecta unicamente a Madrid, Alcalá de Henares, Alcobendas,  Alcorcón, Fuenlabrada, Xetafe, Leganés, Móstoles,  Parla e Torrexón de Ardoz.

hospital campaña madrid (Europa Press)
Imaxe de arquivo do hospital de campaña levandtado enMadrid para atener contaxiadas por Covid (Europa Press)

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica esta quinta feira a orde do Ministerio de Sanidade aprobada onte na reunión do Consello Interterritorial de Saúde, que supón a aplicación de novas restricións en Madrid e as grandes cidades con maior impacto de coronavirus e que será de obrigado cumprimento nun prazo de 48 horas.

“Este acordo será de obrigado cumprimento para todas as comunidades e cidades autónomas integrantes do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde”, sinala o BOE, incluídas as que rexeitaron as medidas, como Madrid, Andalucía, Catalunya, Galiza e Ceuta.

Na práctica afecta unicamente a Madrid, Alcalá de Henares, Alcobendas,  Alcorcón, Fuenlabrada, Xetafe, Leganés, Móstoles,  Parla e Torrexón de Ardoz.

A nova orde describe medidas de “obrigado cumprimento” como a restrición de entrada e saída dos municipios afectados agás para ir traballar, ao médico, á universidade, a realizar algún trámite legal.

Tamén se permite a mobilidade para a asistencia e coidado de persoas maiores ou para realizar un exame así como outros motivos debidamente acreditados ademais de para realizar á residencia habitual.

Ademais quedan prohibidas as reunións tanto de carácter social ou familiar de máis de seis persoas tanto na vía pública como no ámbito privado agás no caso de convivintes “e agás no caso de actividades laborais e institucionais ou no de actividades en que se establezan límites ou medidas específicas”.

A norma tamén establece limitacións de aforo máximo para garantir a distancia entre persoas. En establecementos comerciais e servizos ao público permítese un aforo do 50% e deberase pechar ás 22 horas salvo excepcións.

En establecementos de hostalería tamén se aplica un aforo do 50% en locais interiores e do 60 no exterior. Non se permite o consumo en barra e no interior dos locais debe existir unha distancia de 1,5 metros. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa, non se poderá servir a partir das 22 horas e a hora de peche está prevista para as 23 horas, exceptuando entregas a domicilio.

No caso de centros de culto o aforo máximo será dun terzo, garantindo en todo caso a distancia mínima interpersoal de 1,5 metros. En velorios permítense un máximo de 15 persoas en espazos ao aire libre e dez en pechados, sexan ou non conviventes.

En academias e autoescolas o aforo máximo será do 50%, o mesmo que en instalacións deportivas en espazos interiores (en exteriores será do 60%). Tamén a práctica deportiva quedará reducida a un máximo de seis persoas.

A medida tamén obriga a estes municipios para forzar as súas capacidades para a detección precoz e o control da enfermidade, así como no ámbito da atención sanitaria, de acordo ao establecido no Plan de resposta temperá nun escenario de control da pandemia por Covid-19.

comentarios