Nova rolda de consultas para formar goberno no Estado español

Felipe de Borbón recibirá as forzas políticas entre o 25 e 26 de abril coa ollada posta no 2 de maio, data límite.

Congreso

O obxectivo, di a Zarzuela, é "constatar" se é posíbel "propor outro candidato" distinto a Pedro Sánchez após fracasar este na investidura. Así o trasladou a casa do xefe de Estado, Felipe de Borbón, ao presidente do poder lexislativo, Patxi López, que deberá remitir a listaxe de nomes que os grupos parlamentares designen representantes para a rolda de conversas. 

A Constitución fixa o 2 de maio como data límite para constituír o novo executivo

Os últimos movementos entre PSOE e Podemos evidencian a falta de acordo entre Sánchez e Iglesias polo que semella improbábel que o candidato socialista poida conseguir os apoios necesarios para ser eleito presidente. Ora ben, tampouco Mariano Rajoy malia as sucesivas tentativas por tender pontes entre PSOE e PP por parte de Ciudadanos. 

Se finalmente a rolda remata sen un novo nome o 2 de maio é a data límite fixada pola Constitución española para conformar goberno polo que se procedería a disolver as Cortes e a publicar un novo decreto de convocatoria de eleccións de cara ao 26 de xuño. 

Comentarios