A nova lei de 'seguridade cidadá' restrinxe o dereito de manifestación

A medida podería ser aprobada esta sexta feira en Consello de Ministr@s. Prevé até 600.000 euros de multa por faltas "moi graves" e autoriza a policía mesmo a crear espazos libres de reunións para alén de impedir concentracións ou manifestacións non autorizadas. Aliás, considera sancionábel os insultos á forzas de seguridade españolas.

Policía ás portas do Parlamento
photo_camera Policía ás portas do Parlamento

Barricadas, tractoradas, escraches ou insultar a un policía podería carrexar a partir de agora sancións até de 600.000 euros. Así o recolle o anteproxecto de lei que está a deseñar o Ministerio espñol de Interior e que podería ser aprobada a vindeira sexta feira polo Consello de Ministr@s. 

A medida, que vén a substituír a actual norma aprobada en 1992 e coñecida como Lei Corcuera suporá importantes restricións no dereito de manifestación. Segundo recolle o diario español El País, o ministro Jorge Fernández Díaz procura impor un maior control aos protestos na rúa e impedirá concentracións ou manifestacións non autorizadas perante os Parlamentos territoriais, o Congreso ou o Senado; sancionará as concentracións de vehículos cando as forzas de seguridade españolas ordeen a súa retirada e esta non sexa cumprida e considerará sancionábel as "ameazas, coaccións, insultos, inxurias e vexacións" proferidas a axentes da policía española e a Garda Civil, segundo apunta El País. 

Así mesmo, impedirá a difusión de fotografías ou imaxes da policía que poidan ser consideradas unha burla ou algún risco para a seguridade, explica o diario español. Tamén así, autorizará ás forzas de seguridade españolas vetar un determinado perímetro urbano como zona de exclusión de manifestacións ou concenracións. Unha medida que visa pór fin aos escraches, accións que proliferaron nos últimos anos a través de Platafomas e movementos sociais como a PAH ou Stop-Despexos. 

As sancións que recolle a lei --de carácter pecuniario-- oscilarán entre os 100 e os 600.000 euros --no caso daquelas consideradas "moi graves".

Comentarios