Unha nova enquisa sitúa Feixoo no limiar de perder a maioría absoluta

O PP abalaría entre 35 e 38 representantes, PSdeG obtería 19-22, BNG atinxiría 13-15 a Unidas Podemos, 4.

Votacións 10N. Eleccións estatais. BNG (13)

O portal Electomanía vén de publicar unha nova enquisa, unha sondaxe de “Sigma- Dos’ filtrada polo PSOE galego” e que sitúa Feixoo no limiar de perder a maioría absoluta. Este traballo, a tomar con cautela ao ser unha filtración procedente dun partido, concede ao PPdeG entre 35 e 38 representantes no Parlamento. A maioría absoluta está en 38. Así pois, "hai partido". 

Como segunda forza figura o PSdeG, que atinxiría entre 19 e 22 representantes, por riba das 14 que posúe actualmente.

O BNG lograría entre 14 e 15 escanos (ten 6), o que supón máis que duplicar a súa representación actual.

Por último, Galicia en Común lograrían 4 representantes na Cámara galega. Nin Ciudadanos nin En Marea obterían representación.

Non é esta a primeira enquisa para o 5-A, que aponta a que Feixoo está no bordo de perder a maioría. Estes traballos demoscópicos tamén apontan unha importante recuperación do nacionalismo, unha suba do PSdeG e descenso da 'esquerda' rupturista'. 

Outra coincidencia nas diferentes enquisas e sondaxes é que nin Ciudadanos nin Vox van lograr entrar no Parlamento galego e que En Marea ficaría sen representación.

Comentarios