Nós-UP xulga a decisión de Anova "unha oportunidade perdida para demostrar autonomía como forza nacional"

Manifesta a súa disposición a pactar con soberanistas basc@s e da Catalunya como paso previo a facelo con forzas galegas.

Membros da dirección de Nós-UP
photo_camera [Imaxe de arquivo: SG]

A organización independentista Nós-UP considera que Anova-Irmandade Nacionalista perdeu "unha oportunidade para demostrar autonomía como forza nacional" ao se decantar, malia a estreita marxe de votos, por concorrer ás eleccións europeas dentro da candidatura estatal de IU. 

Nun comunicado de imprensa, a dirección nacional de Nós-Unidade Popular xulga que o apoio que a militancia deu ao xiro de Xosé Manuel Beiras no seu posicionamento reforza "a tendencia verificábel face á difuminación en proxectos da esquerda estatal reformista" e recorda a Anova que "nunha nación oprimida non se está máis á esquerda desconsiderando a loita nacional e moito menos aínda partillando o camiño cunha forza cómplice co réxime". 

Por derradeiro, a esquerda independentista representada en Nós-UP manifesta tamén as súas preferencias cara ás europeas. Estas pasan por unha alianza con forzas dos Països Catalans e do País Basco e que "posteriormente" podería "coordenar" as diferentes expresións do nacionalismo e do independentismo da Galiza.

Comentarios