Nós-UP, pola "unidade de acción" entre a esquerda independentista e a esquerda nacionalista

A organización política realiza o 30 de novembro en Teo a súa VII Asemblea Nacional, concluíndo o debate interno que encetara en xullo. 

independencia
photo_camera [Imaxe: Contrapoder]


A organización Nós-UP realizará o 30 de novembro en Teo a súa VII Asemblea Nacional apostando na "necesaria unidade de acción" entre a esquerda independentista e a esquerda nacionalista. Conclúe así un "intenso" debate interno encetado en xullo.

A tese política está dividida en dúas partes. Dunha banda, analiza as causas da crise no Estado español e as consecuencias desta na Galiza e na clase obreira galega. Da outra, ao redor da cal debaterá a militancia, aborda as mudanzas no mapa político e social do País, facendo fincapé na "necesaria construción dun espazo de unidade de acción" entre a esquerda independentista e a esquerda nacionalista. 

A asemblea foi convocada baixo o lema Sempre con independência e pretende artellar unha vía alternativa "aos dous grandes polos da esquerda nacional" --en referencia a BNG e Anova-- que sería "o independentismo socialista e feminista". O acto de encerramento, que será aberto e do cal farán parte unha vintena de organizacións sindicais, políticas e sociais da Galiza e unha ducia de delegacións internacionais, está fixado para as 2oh no Hotel Congreso, en Montouto (Teo). 

Comentarios