Nós-UP apela á loita obreira e nacional fronte a vías de "conciliación" co capital

Pola volta de 300 persoas participaron na manifestación de Nós-Unidade Popular, na que se incidiu na vixencia das propostas de Independencia, Socialismo e Feminismo

O independentismo volveu manifestarse por separado no Día da Patria, con dúas convocatorias diferenciadas (Nós-UP e Causa Galiza) se ben ambas tiveron o mesmo punto de partida (Alameda de Compostela) e chegada (Praza do Toural), alén de poder escoitar nas dúas as mesmas consignas e palabras de orde ("independencia", a máis repetida)

A mobilización de Nós-Unidade Popular saíu da Alameda pouco antes da unha, encabezada por unha faixa na que se recollía "Nem Espanha, nem Unión Europeia, nem FMI. Indepéndencia, Socialismo, Feminismo". Detrás dela, unhas 300 persoas percorreron as rúas da cidade reclamando a independencia nacional da Galiza e avogando por unha nova folga xeral. Bandeiras da Pátria, comunistas, ikurriñas e cubanas (entre outras) ondearon ao longo de toda a marcha. Ao seu paso pola Praza da Galiza, onde estaban solidari@s de Ceivar cunha faixa a prol d@s pres@s, redobráronse os berros pedindo a súa liberdade.

Durante a manifestación tamén foron constantes as palabras de orde avogando pola convocatoria dunha nova folga xeral.

Mensaxe de voz do preso Telmo Varela

Xa na Praza de Toural, o acto de encerramento da manifestación comezou coa reprodución dunha mensaxe de voz do preso Telmo Varela, encarcerado en España, e que animou as e os presentes a continuar na loita e a manter a combatividade. As súas palabras foron acollidas cunha fervenza de aplausos.

"Nom se trata de saírmos da crise. Trata-se de sairmos do capitalismo"

 A voceira de Nós-UP, Rebeca Bravo, foi a encargada de ler o manifesto por este Día da Patria. Bravo sinalou que este 25 de xullo "tem lugar numha conjuntura política qualitativamente diferente" e que "som tempos duros. Nom o negamos. Mas também som tempos de esperança, mas sobretodo de luita e combate".

"Som tempos duros. Nom o negamos. Mas também som tempos de esperança, mas sobretodo de luita e combate"

A voceira de Nós-Unidade Popular afirmou que o debate non debe centrase "só en sairmos da crise. Trata-se de sairmos do capitalismo". Neste sentido, Bravo indicou que "a esquerda independentista e socialista galega non está disposta a renunciar á luita" nin "á conciliaçom, a abraçar vías aparentemente máis fáceis mas que a história tem constatado mil e umha vezes que seguem a direçom da derrota popular".

Nós-UP tamén quixo clarificar a súa visión das diferentes tentativas de reconfiguración do nacionalismo que tiveron lugar nestes meses, afirmando que "nom queremos construir novas plataformas eleitorais que só pretendem um anaco do bolo do parlamentarismo burgués". A organización fixo entón un apelo á "rebeliom popular" para "dar xeque mate a Espanha, ao Capital e ao patriarcado".

Ao final do acto, dous encarrapuchados prenderon lume a unha bandeira española,

'Lume a España'

Ao final do acto, dous encarrapuchados prenderon lume a unha bandeira española, mentres as e os manifestantes cantaban o Hino Nacional.

Comentarios