Nós-UP, a prol dunha candidatura nacionalista e de esquerdas coa saída de Galiza da UE no programa

A forza independentista mostra a súa disposición a facer parte dunha candidatura coas "organizacións nacionais" que concorden no obxectivo da "plena soberanía nacional", a "ruptura democrática" e "a abertura de um proceso constituínte galego".

Nun comunicado pendurado na súa web, Nós UP afirman que nos últimos meses se teñen dado pasos para unha "confluencia" nas loitas sociais contra as "políticas reaccionarias" que empobrecen "o noso país". Terianse criado así as condicións para, afirma a forza da esquerda independentista galega, articular unha "unidade táctica" e tamén "eleitoral" entre as forzas soberanistas e de esquerdas.

Nós UP quer marcar perfil propio nesa "unidade táctica" e sinala que o seu obxectivo final debe ser "un programa pola saída de Galiza da Unión Europea".

A organización soberanista fai unha valoración positiva do convite formulado polo BNG ao resto de forzas nacionalistas e soberanistas galegas para concorreren conxuntamente nas eleccións ao Parlamento europeu que irán decorrer en 2014.

Comentarios