Bárcenas declara ante o xuíz que acordou con Rajoy seguir a cobrar do PP cando estaba imputado

O ex-tesoureiro do PP di que tamén foi decisión de Rajoy a de manterlle despacho, secretaria e coche oficial; e que en 2010 entregou nun sobre ao presidente 25.000 euros procedentes de Pontevedra

Mariano Rajoy durante a comparecencia de imprensa

O ex-tesoureiro do PP, Luís Bárcenas, afirmou na súa declaración do 15 de xullo perante o xuíz Ruz que foi o propio Mariano Rajoy quen acordou manterlle o salario de 20.000 euros mensuais 'sine die', non só tras a súa imputación xudicial, senón mesmo cando xa fora afastado do Partido Popular. A Cadea Ser tivo acc3eso a estas declaracións de Bárcenas, nas que tamén o ex-senador popular afirma que tamén foi decisión de Rajoy manterlle o coche oficial, o despacho en Génova e a secretaria.

Segundo sempre a versión do ex-tesoureiro do PP que apunta a Ser, Bárcenas sinalou ante o xuíz que estas decisión adoptáronse nunha reunión na que, ademais del e de Rajoy, tamén estaba presente o ex-secretario xeral do PP, Javier Arenas.

Bárcenas afirmou tamén que Mariano Rajoy era coñecedor da contabilidade en B que se estaba a levar a cabo no Partido Popular e de que o 95% das persoas que doaban cartos ao PP eran contratistas coa administración. Iso incumpría a lei de financiamento de partidos, algo que o propio Bárcenas recoñece perante o xuíz que eran conscientes que estaban a facer.

25.000 euros de Pontevedra

Bárcenas tamén asegurou que en marzo de 2010 entregou 25.000 euros a Rajoy procedentes de Pontevedra "no despacho do presidente", nun "sobre marrón co seu nome", e outros 25.000 a María Dolores de Cospedal, "en el no despacho dela no Senado".

Comentarios