MARTIñO NORIEGA

"Non tería ningún problema en aceitar unha candidatura nacional sempre que non fose nacionalista"

O alcalde de Compostela e co-portavoz de Anova avoga nunha entrevista en ‘El País’ por unha candidatura de ‘Unidade Popular’ para as eleccións que permita “abrir unha nova etapa”.

martinho_noriega_teo

Martiño Noriega (A Coruña, 1972) afirma nunha entrevista de Cristina Huete que publica esta quinta feira ‘El País’ que “non tería ningún problema en aceitar unha candidatura nacional sempre que non fose nacionalista”, manifestando que “podemos ter un grupo parlamentar propio que, sen ser nacionalista, recoñeza Galiza como suxeito político e que axude a cambiar o goberno”.

De non callar unha “candidatura de Unidade Popular”, di na entrevista, “non teremos as condicións de abrir unha nova etapa”. Unha Unidade Popular, explica, que recolla “a esquerda, tanto a nacionalista como as federais e os movementos sociais”.

“Son cidadán galego internacionalista”

Preguntado directamente pola xornalista (“É vostede nacionalista?), Noriega responde cun: “son cidadán galego internacionalista. A miña nación é Galiza, mais hai que pelexar por decidir o futuro”. Rexeita reivindicar “ un nacionalismo como o de CiU” e avoga por “acumular forzas, non só coa esquerda española, senón tamén coa de Portugal e coa de Grecia”.

Comentarios