"Non necesitamos outra estrutura do partido orgánico"

32 anos. Secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG). Parlamentar de En Marea e vicepresidenta segunda do Parlamento Galego. Eva Solla advoga por unha Marea que sexa unha estrutura ampla, un "catalizador" dos movimentos sociais. É a entrevista política do Sermos221. Eis un avanzo.

Eva Solla. 9 de novembro de 2016
photo_camera Eva Solla

(...) Eu xa veño dun partido político [PCG] e xa teño unha organización máis ampla que é EU e non creo que necesitemos unha estrutura semellante a un partido orgánico. Necesitamos algo amplo que sexa o catalizador e horizontal coas mareas municipais e os movimentos sociais. Algo que vén do xérmolo da propia En Marea é o respeito ás organizacións políticas que achegamos militancia e candidatos e candidatas e tamén o respeito á propia independencia das propias mareas municipais. Por tanto, iso é importante á hora de construír o tipo de organización que decidamos que sexa En Marea.

En definitiva, non advogas pola disolución no seo de En Marea dos suxeitos políticos previos.

Loxicamente non.

5Como dirixente comunista, que pensas cando desde sectores de En Marea se apela á socialdemocracia?

Un principio do comunismo é participar nas frontes de masas e sabemos que vamos participar con compañeiras e compañeiros que no ámbito da esquerda non coinciden nalgúns aspectos connosco. A nosa obriga é ter a capacidade de pór por enriba os intereses da clase traballadora. Hai persoas que apoian o conceito da socialdemocracia en si, outras veñen do ecoloxismo... O grande disto é chegar a pontos en común. Nese sentido, o traballo que temos que facer os comunistas aí é tentar que a nosa proposta sexa a maioritaria e por iso temos que traballar nesas frontes máis amplas.

A íntegra desta entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos221, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.

Comentarios