ANA PONTóN, NUN ACTO NA HONRA DA FIGURA DE MANUEL MARíA

"Non imos permitir que se siga lexislando contra o galego"

A portavoz nacional do BNG insistiu na necesidade de defender a lingua, nun acto organizado para honrar a figura de Manuel María, no que leron e repartiron polos comercios locais, un poemario onde se recollen os versos do poeta a Compostela.

_MG_29582
photo_camera Pontón, Rubén Cela e Raquel Suárez coa escolma, Manuel María e Compostela. Foto: Irene Pin

O Bloque Nacionalista Galego decidiu abrir a rolda de homenaxes a Manuel María, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas da vindeira terza feira. Ana Pontón estivo na Praza de Cervantes acompañada por Rubén Cela, Raquel Suárez e Carlos Blanco, xunto a diversos membros da organización, nun acto no que leron versos do poeta lucense e repartiron polos comercios cercanos, unha escolma de poemas que recollen a relación de Manuel María coa cidade compostelá.

Ao rematar o acto, Pontón aproveitou o escenario para animar aos galegos e ás galegas a saír á rúa o vindeiro día 17 e "denunciar que non imos a permitir que se siga lexislando contra o galego". Ademais, aludiu á importancia de que estas letras galegas se lle adiquen a Manuel María: "Un home comprometido coa lingua e coas causas xustas, entre elas, unha Galiza dona do seu futuro onde todas tiveramos igualdade prosperidade e xustiza". O conflito lingüístico estivo moi presente na comparecencia da portavoz nacional do Bloque, incidindo na situación de minorización que sofre o idioma: "Durante estos sete anos tivemos unha era negra onde o Señor Feijóo non só non defendeu a nosa lingua senón que se puxo en fronte dela"

Feijóo non só non defendeu a nosa lingua senón que se puxo en fronte dela

Por outra banda, Pontón aludiu á proposta do Presidente da Xunta de garantir un transporte metropolitano gratuito a menores de 18 anos, apuntando que esta medida só afecta a unha pequena parte da poboación galega e que, pola contra, se debería tratar de garantir este servizo tamén fóra das cidades e incluir aos parados nestas medidas de protección.

Por último, a dirixente nacionalista, mostrou preocupación por que Galiza poida ter “unha voz forte no congreso, que defenda os nosos intereses ante o fracaso das forzas estatais".

Comentarios