As prazas de Armas e de España de Ferrol manterán esas denominacións e non se chamarán, como propuña unha moción presentada polo BNG, Concepción Arenal e Carvalho Calero, respectivamente. Os votos contrarios do PP (12 edís) e a abstención do PSOE (8) impediron que prosperara a proposta, apoiada por nacionalistas (2) e Ferrol en Común (2).
O grupo maioritario, PP, asegurou a través do seu portavoz, Rey Varela, que Ferrol “ten outros problemas que resolver”. O concelleiro de Cultura defendeu a tese do Goberno local, PSOE, que dixo que “o cambio de denominación non pode transformarse nunha disputa política”.
O portavoz nacionalista, Iván Rivas, defendeu a mudanza pois “vai sendo hora de que esta cidade encare o futuro desde unha perspectiva diferente”
Suso Basterrechea, Ferrol en Común, criticou que o debate fose “aparcado” polo alcalde ao ver certos comentarios nas redes sociais á proposta.