As eleccións a ollos de... Virxinia Rodríguez

“É necesario contarmos con partidos propios que defendan o noso territorio”

Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA, considera necesario que Galiza conte nas Cortes Xerais con partidos propios que defendan o noso territorio e o noso país.

ADEGA ILP VIRXINIA
photo_camera Virxinia Rodríguez

A presidenta da Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza, Virxinia Rodríguez, considera fundamental para Galiza contar a partir do 28A con partidos propios que defendan o noso territorio e o noso país.

“Galiza xógase ter representación no Estado español”, afirma Virxinia, polo que “é moi importante ter presenza nas Cortes Xerais con partidos galegos” que ademais, engade, “defendan o noso territorio e noso país”.

En defensa do medio, salienta como o máis urxente a defender nos primeiros días da nova lexislatura a caducidade da concesión de Ence na Ría de Pontevedra.

Galiza xógase ter representación no Estado español

A activista ecoloxista bota en falta un debate en clave de país “e non tan estatal”. “A nivel galego deberiamos ter un debate de país” considera, “onde as forzas galegas poidan defender os seus programas e pór de manifesto que van facer ao chegar ao Congreso”.

Virxinia Rodríguez advirte de que a campaña "está moi polarizada" e que se apela constantemente "ao voto útil". Isto, di, "fai que os partidos das nacións teñan máis dificultade”. E esas formacións, salienta, "son as que máis van defender os nosos dereitos”.

Comentarios