ORZAMENTOS 2015

O muro do PP rexeita as emendas á totalidade e as transversais da oposición

O PP, que subiu o IVE desde a Moncloa, despreza calquer incremento da fiscalidade no tramo autonómico do IRPF.

Parlamento galego
photo_camera Parlamento galego

Nengunha surpresa na sesión vespertina do debate de orzamentos. O PP utilizou a súa maioría absoluta como un muro e rexeitou unha tras outra as emendas á totalidade apresentadas pola oposición. A seguir fixo o propio coas emendas transversais

O debate máis interesante foi o fiscal. BNG, PSdeG e AGE concordaron en demandar un maior esforzo ás rendas máis altas, através do IRPF, en teoría o imposto máis progresivo. O PP opúxose co argumento de que o efeito sobre a recadación sería mínimo. Tampouco emprestou o apoio a unha proposta formulada polo Bloque para que se criase un imposto sobre os depósitos bancarios co argumento de que xa existe a nível estatal.

O BNG cifrara en 275 millóns de euros os ingresos que obtería a facenda galega de ter prosperado a súa batería de medidas fiscais

O BNG cifrara en 275 millóns de euros os ingresos que obtería a facenda galega de ter prosperado a súa batería de medidas fiscais, que atinxirían non só o IRPF (gravando máis as rendas superiores aos 100.000 euros), senón tamén o imposto de patrimonio. A formación nacionalista demandaba asemade que se gravasen as empresas contaminantes e as grandes superficies comerciais.

Comentarios