Morre Fernández Barcia, alcalde nacionalista de Mugardos durante 12 anos

barcia

O ex alcalde de Mugardos Xosé Fernández Barcia faleceu aos 74 anos de idade. Obreiro e técnico de turbinas traballou en compañias auxilliares da Bazán e tamén coñeceu a emigración, no seu caso en Canadá.

En 1999 foi eleito concelleiro na candidatura presentada polo BNG. Nas listas nacionalistas chegou á alcaldía en 2003, sendo alcalde até 2015. Barcia levaba desde mediados dos 70 implicado en movementos nacionalistas e de esquerdas. 

"Fóisenos Barcia, alcalde de Mugardos entre 2003 e 2015, e traballador incansábel pola liberdade de Galiza. Sempre contigo, compañeiro!", escribiu o BNG na súa cinta de Twitter

Comentarios