28-M

Monedero fai campaña desde Ames e alerta a Yolanda Díaz: "Se imos separados, vannos aforcar xuntos"

Para Monedero, Galiza "é un exemplo de que cando houbo vontade fomos capaces de xuntarnos".
Monedero no acto de campaña en Ames (Foro: Europa Press).
photo_camera Monedero no acto de campaña en Ames (Foro: Europa Press).

O director do Instituto República e Democracia e cofundador de Podemos, Juan Carlos Mnoedero, defendeu a "man tendida" de Podemos e lamentou que haxa quen na esquerda "prefira ser cabeza de rato a cola de león". Así, en referencia á vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz, proclamou: "Se imos separados, vannos aforcar xuntos".

Tras destacar que é un "pracer" volver á Gali<a e ironizar con que se "se comportase como Feijóo" podería dicir que é "unha alegría estar en Oviedo", Monedero acudiu a Ames, localidade en que a actual candidata á Alcaldía por Podemos, Vanessa Vidal, formou parte do goberno de coalición co PSOE.

A preguntas dos medios antes de comezar o mitin, Monedero destacou que desde que naceu Podemos fíxose "un esforzo pola unidade desde o comezo".

"Sempre expuxemos que temos que construír unha sorte de fronte ampla e moi pronto lle tendemos a man a Esquerda Unida, a EQUO, despois Alianza Verde, é dicir, vontade de xuntar todas as diferentes formacións políticas que querían superar o bipartidismo e que explotou nas rúas e nas prazas o 15M".

"Desgraciadamente nalgúns lugares hai unha parte da esquerda que prefire ser ‘cabeciña de rato ou cola de león’ e que non aposta pola unidade", lamentou, antes de asegurar que "é un erro, porque se imos separados vannos aforcar xuntos. Nós seguimos coa man tendida", proclamou, a preguntas dos medios sobre unha valoración das candidaturas e a situación da esquerda.

Para Monedero, Galiza "é un exemplo de que cando houbo vontade fomos capaces de xuntarnos". "É moi complicado no século XXI que ningunha forza política poida representar a toda a esquerda. E por tanto, o diagnóstico correcto é entender que o que hai que facer é cada un defender o espazo que entenda, que representa, pero despois ter sempre unha man tendida para xuntarnos, porque é máis o que nos achega que o que nos separa", salientou.

Así, preguntado sobre se a mensaxe de unidade ía dirixida a Yolanda Díaz, a política galega que estivo hai uns días na campaña na Galiza apoiando Compostela Aberta e a candidatura de Por Coruña (na que se uniron EU e Podemos e que se enfronta a Marea Atlántica), o cofundador de Podemos considerou que Yolanda Díaz "entendeu tamén a necesidade de facer xestos de unidade".

Marca propia

En Ames, Podemos preséntase por primeira vez con marca propia, tras as candidaturas de Contigo Podemos e Contigo Pódese, nas dous anteriores sucesivas convocatorias, nas que lograron entrar na corporación local.

Así, na súa intervención, Vanessa Vidal expresou o seu orgullo de ser "podemita" e apelou á importancia de seguir formando parte do goberno local para realizar políticas sociais e tamén atender cuestións como a conectividade dentro do propio concello, con dous núcleos urbanos moi marcados e que non están conexionados.

A candidata número 3, Angélica Serantes, estudante de Ciencias Políticas apelou a toda a mocidade a implicarse en política. "O futuro somos nós", proclamou, antes de chamar ao voto para Podemos.

O deputado Antón Gómez Reino substituíu no cartel o coordinador de Podemos Galicia, Borja San Ramón, que por incompatibilidade coa axenda non puido asistir ao mitin de Ames. En declaracións aos medios, o que fora líder de Podemos Galiza defendeu o "orgullo de ter a un referente" da organización e "referente social" en Ames.

Comentarios