Unha delegación da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), tomou parte esta fin de semana no EGI Eguna, día das mocidades do PNV. Este edición realizouse na localidade navarra de Lizarra e contou coa colaboración de Gazteok Bai, que reptreeenta á xuventude de Geroa Bai.
Paulo Carlos, secretario xeral do referente da mocidade de Compromiso por Galicia reivindicou na súa intervención “un nacionalismo aberto e con vocación de goberno”, de igual modo que criticou ao PP por “non ter política económica máis aló dos sobre de Bárcenas e dos traxes de Camps” e condenar á mocidade “ao paro e á emigración”.
Aliás, Paulo Carlos agradeceu o convite a este acto e reivindicou “que sexan as mocidades dos partidos quen marquen o camiño dunha nova forma de facer política, ética, transparente e con tolerancia cero coa corrupción”.
Contra as touradas
Por outra banda, as MNG convocan para este domingo, 31 de marzo, unha concentración en Padrón (19:00 horas, no Espolón, fronte a estatua de Rosalía) contra a decisión do goberno municipal de financiar con cartos públicos un espectáculo de touradas.