MNG reivindica no Día da mocidade do PNV un "nacionalismo con vontade de gobernar"

O EGI Eguna celebrouse en Lizarra e o representante das mocidades de CxG avogou por un "nacionalismo aberto"

MNG no EGi Eguna
photo_camera MNG no EGi Eguna

Unha delegación da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), tomou parte esta fin de semana no EGI Eguna, día das mocidades do PNV. Este edición realizouse na localidade navarra de Lizarra e contou coa colaboración de Gazteok Bai, que reptreeenta á xuventude de Geroa Bai.

Paulo Carlos, secretario xeral do referente da mocidade de Compromiso por Galicia reivindicou na súa intervención “un nacionalismo aberto e con vocación de goberno”, de igual modo que criticou ao PP por “non ter política económica máis aló dos sobre de Bárcenas e dos traxes de Camps” e condenar á mocidade “ao paro e á emigración”.

Aliás, Paulo Carlos agradeceu o convite a este acto e reivindicou “que sexan as mocidades dos partidos quen marquen o camiño dunha nova forma de facer política, ética, transparente e con tolerancia cero coa corrupción”.

Contra as touradas

Por outra banda, as MNG convocan para este domingo, 31 de marzo, unha concentración en Padrón (19:00 horas, no Espolón, fronte a estatua de Rosalía) contra a decisión do goberno municipal de financiar con cartos públicos un espectáculo de touradas.

Comentarios