O PP bota o fecho á comisión das caixas

Os populares aplicaron 'rodillo' e deron carpetazo á comisión. BNG, AGE e PSdeG cualifican a decisión de “inaudita” e “humillante” e lembran que responsábeis da desaparición das caixas de aforro non compareceron.

comisión das caixas
photo_camera comisión das caixas

A comisión que naceu para investigar a desaparición das caixas de aforro galegas bota o peche. Así o decidiu o Partido Popular, que fixo valer a súa maioría para dar carpetazo a un organismo que, malia baleiralo de contido re reducilo ao mínimo, non era do seu gosto. Os populares rexeitaron pedir novas comparecencias e nova documentación, tal e como lle solicitaban desde a oposición. Até aquí chegamos, deberon pensar no PP e optaron por botar o ferrollo á comisión.

O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, denunciou que “O PP da carpetazo a comisión de Investigación días antes da venda de NCG banco”. O nacionalista considera que non hai maior evidencia de que o grupo popular impuxo no seu momento un réxime de 'comparecencias express' buscando a mínima repercusión para logo “meter a comisión no conxelador”.“O Partido Popular utilizou a comisión de investigación para que o Goberno e os grupos da oposición se tiren os trastos” e despois utilizar a “súa maioría “ á hora de  impoñer o relato do que pasou.

“A Xunta ten algo que ocultar”

Para a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), o peche desta comisión supón un “desprezo” á oposición parlamentar e considera que a Xunta “ten algo que ocultar”. O deputado Antón Sánchez considera que, así as cousas, AGE non participará na ponencia da comisión das caixas. “Estamos fartos do escurantismo que o PP aplica, nega información e calquera iniciativa da oposición”, conclúe Antón sánchez, “así que non ten sentido participar desta farsa”.

O portavoz socialista, Abel Losada, denuncia a “nula vontade política” para que compareza Feijóo para explicar “por qué faltou á verdade no Parlamento” ao denunciar falla de información no traspaso de poderes.  

Comentarios