Minuto a minuto da sesión de control ao presidente da Xunta

Aquí podes seguir o minuto a minuto da sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego, marcada polos escándalo da trama de cursos de formación.

O presidente da Xunta comparece no Parlamento para dar resposta ás preguntas e cuestións que lle fan os grupos parlamentares na sesión de control.

10:45. Núñez Feijóo

"Viva a Política con maiúsculas!"

"Vostedes non entenden a división de poderes porque están ocupados en dividir o seu grupo parlamentar. Vostedes din que non paga a pena vir traballar ao Parlamento mais despois si que cobran". 

"Vostede coñece a un asesor de IU que hoxe mesmo está acusado de perceber 150.000 euros? De que nos quere dar clase, señora Díaz? Nós plantexamos facer as leis para acreditar a maior transparencia na administración galega".

10:41. Yolanda Díaz, na quenda de réplica

"As vítimas do saqueo de 20 millóns de euros nos cursos de formación son os traballadores, a cidadanía. E vostede non o explica porque ten moito que agochar. Esta interpelación non vai saír nos medios públicos galegos poque vostedes pagan moi ben para que se oculte".

10:39 Réplica de Núñez Feijóo

"Vostedes gobernan en Andalucía sobre unha fraude de 700 millóns de euros. Non enganen. Ou queren fichar a aqueles que din que o PSOE é casta?. Porque se o PSOE é casta, vostedes tamén".

"Levamos un mes ocupados con este asunto. Vostedes xa teñen lista a culpabilidade para algúns". 

"Ningunha amizade nin parentesco me vai desviar do que teño que facer".

10:32. Yolanda Díaz (portavoz AGE) 

"Só lle preocupan os cursos de formación en Andalucía, señor Feijóo? Renda contas á cidadanía galega".

"Gustaría saber se esa amizade con Pachi Lucas serviu para adxudicar contratos a dedo, se serviu para financiar irregularmente o PP, para saquear os fondos destinados a traballadores deste País. Vai vostede render contas na Cámara ou vai ser nos tribunais onde nos enteremos?"

Yolanda Díaz pide a Pilar Rojo que "se comporte" porque "non sabe nin dirixir unha Cámara".

10:29 Réplica de Feijóo

Pilar Rojo négalle a palabra a Francisco Jorquera, que a pedía para intervir ante as acusacións e tempo extenso dado pola presidenta do parlamento a Feijóo.

"En toda a historia do BNG, o cargo que máis cartos manexou foi o anterior conselleiro de Industria, que está a ser investigado na causa de Dorribo. Quere vostede poñer o ventilador, señor Jorquera?". Tamén di Feijóo que "hai sindicatos próximos ao seu partido" que están apercibidos. "Cre que debería investigar os 16 millóns de euros que o meu goberno deu á CIG?"

"Xa me pediu a demisión hai 15 días. Se só saben pedir iso será que as cousas en Galiza van ben".

10: 27 Jorquera Caselas, na quenda de réplica

"O señor Lucas (o 'conseguidor') fixo campañas polo PP. Até 6 veces se negou a dar explicacións. E Crespo admitiu que tiña en nómina a Pachi Lucas, que lle avisou dos pinchazos telefónicos. A que se refería cando el dicía que vostede ía ser clave? Responda por favor. Se non dá explicacións convincentes, teremos que exixir a súa demisión"

Lembra que en 2010 o BNG xa preguntaba por esas axudas á formación. 

"A Xunta personouse na causa cando temeu que lle ía explotar na cara".

10:22 Núñez Feijóo

"Non insultemos nin á Xunta de Galiza nin ao Consello de Contas".

Acusa o portavoz do BNG de facer lecturas "nesgadas" e de "dar valor ás declaracións da persoa máis investigada nesa trama".

"O señor Pablo Iglesias está a intentar ser fichado por persoas desas filas que vostede comparte, señor Jorquera" [di en referencia ás bancadas de AGE].

10:19 Francisco Jorquera (portavoz do BNG)

"Todo indica que estamos ante unha trama coñecida e consentida, con complicidades ao máis alto nível, e vostede é o máis alto nível"

Jorquera lembra a Feijóo -ao que comezou chamando Pablo Iglesias (polas declaracións do presidente de que é "Máis de Podemos que os de Podemos")- que ten unha dupla responsabilidade na trama. Como presidente da Xunta e como presidente do PPdeG, no que militaba Gerardo Crespo.

"Unha das funcións deste parlamento é controlar o executivo. Na Consellaría de Traballo xa son cinco os cargos demitidos e este Parlamento non recibiu nin unha soa explicación"

10:14 Núñez Feijóo

Segunda chamada a orde da presidenta do Parlamento á deputada socialista Carmen Gallego.

O presidente da Xunta nega que tivese un mediador. "Non o terei na miña vida. Non acepto que ninguén fale por min en ningún sitio.. Ese é o meu compromiso ético e persoal coa política". Feijóo fala de conversas entre persoas da trama de empresas e membros do goberno socialista "O señor Crespo ía a mítines do PSOE.  Comprométome a facer unha lei pola que ningún goberno en funcións conceda contratos".

10:12 Méndez Núñez  na quenda de réplica

Méndez Romeu lembra que a Xunta se sumou á investigación tres meses despois de iniciada, "vostedes non denunciaron nada". "Pregúntolle polo conseguidor: Era recibido en Monte Pío, que non é unha residencia privada".

"Vostede minte, señor Feijóo, como cando relacionou no anterior pleno estas empresas co anterior goberno galego"

10:08 Núñez Feijóo (presidente da Xunta)

10:09. Feijóo presume de ser o presidente que máis comparece na Cámara. Acusa a oposición de periodicamente acusalo de ter contactos ou relacións con redes empresariais.

10:10 "A vostedes moléstalles que puxésemos en coñecemento do fiscal esas empresas, algo que vostede ocultaron?". E di que unha das empresas investigadas concedeu a Méndez Romeu un galardón e non por iso, sinala. acusa o portavoz socialista de cumplicidade.

10:05. Méndez Romeu (portavoz PSdeG)

10:07. "O conseguidor actuou no seu nome? Estaba mandatado para actuar como conseguidor? Son moitas dúbidas, señor presidente"

10:06. "Un amigo seu abre as portas (...), un comisionista oficial que cobra, e co que vostede pasa os tempos de lecer. Vostede permite, tolera ou descoñece esas preguntas?"

10:05. "Negouse a comparecer na Cámara para dar explicacións sobre a Operación Zeta no que atinxe á Xunta. Vostede prohíbe que o Parlamento reciba información sobre moitos asuntos. Deben dar por certo os cidadáns o que se publica e non se desmente sobre tramas e financiamentos?"

Comentarios