O ministro de Interior cre que declarar Rajoy 'non grato' incita ao odio e a violencia

A decisión adoptada polo pleno do Concello de Pontevedra xerou estes días unha vaga de declaracións no PP que tiveron o seu corolario nas opinións de Fernández Díaz.

fernandez diaz interior

O ministro de Interior do goberno español en funcións, Fernández Díaz, considera que hai conexións entre a declaración de Rajoy como persoa 'non grata' en Pontevedra e a incitación ao odio e á violencia. “Ao mellor atopamos algunha conexión entre esta declaración e os delitos de odio”, dixo Fernández durante a presentación do balance de 2015 de delitos de trata de seres humanos e delitos de odio.

O ministro español considera "lamentábel" que o pleno de Pontevedra tomase esa iniciativa, que "ofende más a quen a realiza que a quen la padece" xa que o Concello "nin se respeta a si propio nin os seus veciños" . Entende Díaz que ese tipo de declraracións de 'non grato' deberían dirixirse "a violadores ou terroristas", mais non a Mariano Rajoy.

O propio presidente do Goberno tamén se volveu referir á declaración de "persoa non grata", fíxoo durante unha entrevista en Antena 3, afirmando que "nin a Hitler nin a Stalin os declararon persoa non grata en Pontevedra".

E até o presidente dca Xunta, Núñez Feijóo, opinou sobre a decisión adoptada por maioría absoluta no pleno municipal pontevedrés, cualificando como un "xogo ridículo, sectario e revanchista" a declaración de "persoa non grata" de Rajoy.

Comentarios