O ministro de Fomento afirma que o goberno "non é contrario" ao traspaso da AP-9 a Galiza

José Luis Ábalos anuncia unha “auditoría” sobre a infraestrutura mais aclara que a decisión da transferencia decidirase a escala estatal.

feixoo abalos fomento xunta imaxe da xunta
photo_camera Feixoo e Ábalos. Imaxe: Xunta

José Luis Ábalos, ministro de Fomento, afirma que o goberno español “non é contrario” ao traspaso da AP-9 a Galiza mais esa decisión adoptarase desde unha visión de Estado. Así o afirmou após se reunir o ministro en Compostela con Núñez Feixoo esta segundas feira por máis de dúas horas.

Realizarase unha auditoría sobre este vial e a vindeira semana fixarase a data para a xuntanza da comisión mixta entre Xunta e Estado sobre a Autoestrada do Atlántico. A finais do pasado mes de setembro, o goberno de Pedro Sánchez levantara o veto para debater no Congreso o traspaso da AP-9

Na reunión co presidente da Xunta, o ministro dixo que as obras do AVE a Galiza cumprirán os prazos fixados.

Comentarios