O ministerio de Defensa español gastarase un crédito especial de 900 millóns de euros

O Goberno xustifica a medida nas “eivas” das súas forzas e gastará unha enorme cantidade de cartos en armamento e adestramento en medio dunha crise social de alta intensidade.

tanques-cropII
photo_camera Tanques en Madrid.

O Ministerio de Defensa xustifica a concesión dun crédito adicional de 900 millóns de euros debido ás "carencias" que, segundo asegura, existen tanto na preparación dos efectivos como no que afecta á seguridade destes, xa sexa nos Exércitos de Terra e do Aire como na Armada.

Así se recolle na memoria do decreto aprobado a semana pasada polo Consello de Ministros para a concesión de créditos extraordinarios no orzamento de varios ministerios e segundo o cal -e a pesar da crise social e os recortes en servizos públicos- concédense máis de 900 millóns de euros extra para “atender ao pago de programas especiais de armamento así como para gastos de adestramento e alistamiento da forza conxunta”.

Necesidades

Segundo esta memoria oficial, por exemplo,  as "necesidades" do Exército do Aire consisten en combustíbel para a instrución, dietas pola participación do persoal en operacións ou exercicios de defensa aérea e multinacionais, ou reunións e cursos de simulador. Varios avións do exército participan en exhibicións aéreas que provocan enormes gastos, como ocorreu na Coruña hai dúas semanas.

Comentarios