É A FORZA MAIORITARIA DENTRO DE COMPROMÍS

A militancia do Bloc Nacionalista Valencià rexeita ir ás xerais con Podemos

A decisión, tomada en referendo, é vinculante para BNV, forza integrante de Compromís.

Enric Morera Bloc Nacionalista Valencià
photo_camera Enric Morera, líder do Bloc Nacionalista Valencià

O Bloc Nacionalista Valencià non irá ás xerais en coligazón con Podemos, após ter se pronunciado a súa afiliación con moita clareza ao respeito nun referendo que decorreu durante toda a semana através de Internet e este sábado de forma presencial.

No referendo interno, a negativa a facer parte dunha mesma oferta eleitoral con Podemos atinxiu o 74% -1.133 votos- face o 26% de apoios -399 sufraxios- á entente coa formación de Pablo Iglesias.

Esta decisión do BNV abrirá presumibelmente unha crise no seo de Compromís, cuxa figura institucionalmente máis relevante, Mónica Oltra, se tiña decantado abertamente polo acordo con Podemos.

O BNV é o referente nacionalista de Compromís, sendo que o seu outro principal componente, Iniciativa del Poble Valencià se formou apartir dunha escisión da federación valenciana de Esquerda Unida.

Dentro dos partidos agrupados en Compromís, o Bloc é o que conta cunha militancia máis numerosa.

Comentarios