Miguel Tellado substitúe Rueda como secretario xeral do PPdeG

O portavoz do Partido Popular non era o nome que máis se barallaba nas quinielas, mais foi o elexido por Núñez Feijóo para ser o número 2 do PP en Galiza

Miguel Tellado
photo_camera Miguel Tellado

Miguel Tellado Filgueira (Ferrol, 1974) vai ser o novo secretario xeral do PPdeG, substituindo Alfonso Rueda e converténdose así no número 2 do partido na Galiza. Unha das principais incógnitas que afrontaba o PPdeG no XVI Congreso, que realiza esta fin de semana en Ourense era saber quen ía ser o novo secretario xeral. Nas quinielas barallábanse nomes como o de Agustín Hernández (ex-conselleiro e ex-alcalde de Compostela) ou o do conselleiro e ex-alcalde de Ferrol, José Manuel Rey. Non foi Rey, mais polo que se ve, Feijóo si que elixiu para o posto un de Ferrol. 

Tellado comezou como xefe de prensa de Juan Juncal cando este era alcalde de Ferrol, chegando da súa man á dirección provincial do partido. Foi man dereita de Rey Varela nos anos en que este foi voceiro poppular na Deputación da Coruña. En 2012 entrou por primeira vez nas listas.

Núñez Feijóo vai propoñer neste Congreso Tellado como secretario xeral, apostando así nunha imaxe de renovación consciente da perda de votos do PP nas últimas convocatorias, como o 20-D, onde os conservadores baixaron en Galiza 15 puntos. 

Comentarios