Feixoo sitúa na Mesa do Parlamento Miguel Santalices, Diego Calvo e Corina Porro

Montse Prado (BNG) e Marina Ortega (PSOE), vicepresidenta segunda e vicesecretaria segunda  da Cámara.

Miguel Santalices [Imaxe: Parlamento de Galicia]
photo_camera Miguel Santalices [Imaxe: Parlamento de Galicia]

O veterano político popular e deputado pola circunscrición de Ourense, Miguel Santalices, revalida a confianza do presidente do PPdeG e da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feixoo, e volverá presidir a Cámara na XI Lexislatura, acompañado de Diego Calvo e Corina Porro, deputados pola provincia A Coruña e Pontevedra, respectivamente.

Santalices, deputado esde a V Lexislatura, asumiu por primeira vez a Presidencia da Cámara en xaneiro de 2016 para relevar Pilar Rojo, após saír ela elixida como deputada do Congreso por Pontevedra nas eleccións xerais de decembro de 2015.

Así, Feixoo depositou, unha vez máis, a súa confianza no ourensán, e fíxoo tamén con Diego Calvo, que por primeira vez foi vicepresidente da Cámara na lexislatura pasada.

De novo haberá unha cara nova no órgano reitor da Cámara. O número dous por Pontevedra, Corina Porro, unha veterana dirixente popular que foi 'rescatada' polo presidente da Xunta, agora en funcións, para levar a delegación territorial da Administración autonómica en Vigo.

Os dous cargos restantes no órgano reitor da Cámara autonómica corresponden á oposición. Así, Montse Prado ocupará a vicepresidencia segunda en representación dos 19 escanos obtidos polo BNG e o PSdeG colocará, cos seus 14 deputados, a Mariña Ortega como vicesecretaria segunda.

En canto á dirección do grupo, Pedro Puy seguirá como portavoz e contará con tres viceportavoces: Miguel Tellado, secretario xeral do partido, xunto con Elena Candia e Paula Prado.

Comentarios