O BNG tece "complicidades" con Més per Menorca, o "partido da esquerda verde"

A formación nacionalista galega participou canda as delegacións de EH Bildu Esquerra Republicana de Catalunya, Compromís e Més per Mallorca noseu segundo congreso do Més per Menorca, no que o partido escolleu Damià Moll novo coordinador xeral.
mes per menorca
photo_camera mes per menorca

Més per Menorca aprobou onte na illa balear un novo relatorio estratéxico que define as liñas ideolóxicas que marcarán o traballo da formación ao longo dos próximos anos. No seu segundo congreso, o partido menorquino sinalou o ecoloxismo como principal “ferramenta de transformación social e económica”.

Neste sentido, Més per Menorca considera que é necesario dar unha “resposta local á crecente insostibilidade social, ambiental, económica e política do sistema global”.

A formación escolleu, ademais, unha nova executiva, liderada por Damià Moll quen asegurou que “non haberá prosperidade económica sen protección do territorio, de mesma forma que non haberá progreso económico se non somos capaces de asegurar a sostibilidade ambiental”. Moll avogou por un cambio do modelo de produción, “transformador e plenamente social”, que non esqueza a clase traballadora nin os países empobrecidos.

Na clausura do seu congreso, Més per Menorca contou co apoio de delegacións de EH Bildu Esquerra Republicana de Catalunya, Compromís, Més per Mallorca e do BNG, representado por Rubén Cela

Segundo manifestou nas súas redes sociais, a presenza do BNG na xornada Pensa Menorca en verd, serviu para "tecer complicidades e a partillar análises con outras forzas políticas que comparten con nós unha visión plurinacional do Estado español e a defensa dos seus pobos a decidir o seu futuro".‬

Comentarios