Vitoria de Trump

Os mercados reaccionan con caídas

Bolsa de Madrid
photo_camera Bolsa de Madrid

A elite financeira non gosta de Trump e deixouno claro ao longo da campaña, con mensaxes máis ou menos veladas de que unha vitoria do magnate sería mala para os mercados e a economía e, xa que logo, para Estados Unidos e todo o planeta. Advertencias ou ameazas, según se mire, das que o electorado preferiu pasar, a vista dos resultados. Desde os primeiros momentos do escrutinio en que se vía como probábel o triunfo do republicano, os mercados reaccionaron á baixa.

Un dos primeiros efectos foi o desplome do peso mexicano, que perdeu o 8,42% do seu valor. Tamén as bolsas asiáticas rexistaron caídas ao tempo que valores refuxio, como o ouro, aumentaban nun 2%. En momentos de incertidume ou perigo, os investidores procuran este tipo de valores, o que amosa que para estes a vitoria de Trump non é precisamente a nova máis tranquilizadora.

As bolsas europeas tamén acusaron o golpe. Abriron con importantes caídas, se ben menores que canda o 'Brexit', que foron atemperando paulatinamente. O IBEX 35 comezou cunha perda do 2,16% e non foi a maior dos parqués europeos. Milán perdeu un 3,3%; París estivo perto do 2,3% de caída... En Londres o descenso estivo no 1,16%.

Comentarios