Méndez Romeu súmase a Leiceaga e Gonzalo Caballero e concorrerá ás primarias do PSdeG

Hai voces que tamén sitúan nas quinielas para dar o paso ao alcalde das Pontes e presidente da Deputación coruñesa, González Formoso.

Méndez Romeu
photo_camera Méndez Romeu

O portavoz parlamentar do PSdeG na Cámara do Hórreo, Méndez Romeu, dará o paso e presentará a súa candidatura para as primarias dos socialistas galegos, sumándose así a Xaquín Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero na carreira para optar a ser elexido pola militancia como candidato á Xunta.

Os aspirantes deberán presentar antes do vindeiro día 13 un mínimo de 1.010 avais, o que equival ao 10% do censo, para poder tomar parte no proceso de primarias, que finalizará o 29 de maio coa proclamación do gañador. Por volta de 11.000 afiliados teñen dereito a voto neste proceso.

Se ben Méndez Romeu non fixo oficial a súa decisión, fontes da súa contorna indican que dará ese paso antes den que remate a fin de semana. Quen si deu o paso esta cuarta feira foi Gonzalo Cortizo, sobriño do alcalde de Vigo e ex-concelleiro na cidade olívica. Este profesor de Económicas é unha das caras do “sector crítico” e afirma que se presenta ás primarias para pular pola “renovación” do PSdeG e para reverter o “declive” do socialismo. “Outro futuro é posíbel para o PSdeG”.

Nos últimos días hai outro nome que diversas voces do socialismo deixan caer na quiniela de aspirantes a concorrer nas primarias, o do alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. 

Comentarios