CRTVG

Medios públicos, a eterna materia pendente

Seis anos despois, a lei dos medios públicos está sen desenvolver nos aspectos que farían aumentar a pluralidade e a profesionalidade. Escribimos ao redor da CRTVG no Sermos Galiza 280. Eis un extracto.

incendios crtvg manipulacion

5“Os medios públicos son imprescindíbeis”. Con esa clareza pronúnciase Francisco González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas. “A súa responsabilidade é que exista máis pluralidade e dinamismo no panorama comunicativo. E que defendan a cultura galega e mais a fala”, engade, e reitera: “Son imprescindíbeis”. Agás campañas puntuais de empresas privadas do ramo á procura de reducir competencia ou ampliar mercado, a teoría de González Sarria é sostida pola gran maioría de axentes implicados. Outro asunto é a práctica.

A pasada semana quedaba visto para sentenza o xuízo dunha traballadora contra o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, por “vulneración de dereitos fundamentais”. Na comisión parlamentaria de control da compañía, este criticara con dureza, bordeando o menosprezo, a xornalista, quen pedira o amparo do comité de empresa despois de que os seus superiores censuraran en directo parte dunha información radiofónica crítica co PP. Ao fondo do conflito, a parálise no desenvolvemento da lei de 2011.

“Ante as denuncias de traballadores por manipulación, elaboramos un protocolo de amparo. Todo para suplir a ausencia do consello de informativos que recolle a lei”, sinala Raimundo Méndez, de UXT, presidente de quenda do comité intercentros. Refírese a unha das principais reclamacións das traballadoras e traballadores a respecto da norma aprobada e aínda en cirolas: o cumprimento do seu artigo 36, para o que chegaron mesmo a recoller sinaturas entre os empregados.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 280, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios