Estado de alarma: consulta todas as medidas do Real Decreto

Após a publicación do Real Decreto nesta mesma madrugada, o Goberno do Estado asume o control e competencias autonómicas. Entre as medidas atópase limitar a circulación das persoas en todo o territorio estatal a partir da publicación no BOE e contempla, así mesmo, garantir as subministracións básicas. 
O presidente del Goberno, Pedro Sánchez, preside o Consello de Ministras extraordinario para aprobar medidas contra a COVID-19 [Imaxe: Europa Press].
photo_camera O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, preside o Consello de Ministras extraordinario no que aprobou as medidas contra a COVID-19 [Imaxe: Europa Press].

Após a publicación do Real Decreto durante esta mesma madrugada, o Goberno do Estado asume o control e competencias autonómicas e limita a circulación da cidadanía. Así pois, Ministros de Defensa, Sanidade, Transportes e Interior serán a máxima autoridade competente e Marlaska controlará Mossos e Ertzaintza.

O Real Decreto aprobado hoxe polo Consello de Ministras e Ministros polo que se declara o estado de alarma, outorga ao Goberno o control absoluto da situación na loita contra o coronavirus, asumindo incluso as competencias autonómicas. Entre as medidas, atópase limitar a circulación das persoas en todo o territorio estatal a partir da publicación no BOE e contempla, así mesmo, garantir as subministracións básicas, tales como alimentos ou medicinas, empregando ao Exército e ás FCSE se así fose necesario.

A falta de algunha mudanza puntual, suxeita ao desenvolvemento da propia situación de emerxencia, o resumo dos catro primeiros artigos que artellan as medidas é o seguinte:

Artigo 1. Declaración do Estado de Alarma para facer fronte á situación de emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19.

Artigo 2. Afecta a todo o territorio estatal.

Artigo 3. A duración do estado de alarma que se decreta é de 15 días naturais. 

Artigo 4. A Autoridade Competente será o Goberno do estado e para o exercicio das funcións e baixo a dirección do presidente Pedro Sánchez, desígnase os ministros de Defensa, Interior, Transportes e Sanidade.

A seguir achegamos información das medidas dispostas no Real Decreto, punto por punto, dos artigos tratados: 

Colaboración coas autoridades competentes

- As policías autonómicas e locais quedan baixo o mando do Ministro do Interior, que pode impoñer servizos extraordinarios para a protección das persoas, bens e lugares.

- Os axentes da autoridade poderán comprobar se persoas, bens, vehículos, locais e estabelecementos realizan actividades suspendidas e impedilo.

- As CCAA con corpos policiais propios estabelecerán os mecanismos para asegurar o anterior.

- Os servizos de intervención e asistencia en emerxencias de protección civil actuarán baixo a dependencia funcional do titular do Ministerio do Interior.

- Para o cumprimento destas medidas, as autoridades poderán requirir a actuación das Forzas Armadas.

Xestión ordinaria de servizos

- Cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación na xestión ordinaria dos seus servizos, mais no marco das ordes directas da Autoridade Competente.

Limitación da liberdade de circulación

- A cidadanía unicamente poderá circular polas vías de uso público para: comprar alimentos ou medicinas, asistir a centros sanitarios, ir traballar, voltar á casa, coidar a maiores, menores ou dependentes, ir ao banco ou por causa de forza maior.

- A circulación de vehículos está permitida para realizar as anteriores actividades ou para encher en gasolineira.

Requisas temporais e prestacións persoais obrigatorias

- As autoridades competentes poderán acordar, de oficio ou a solicitude das CCAA ou concellos, requisas temporais de todo tipo de bens, en particular para a prestación dos servizos de seguridade ou dos operadores críticos e esenciais.

- Tamén se poderán impoñer a realización de prestacións persoais obrigatorias para a consecución dos fins do real decreto.

Medidas de contención no ámbito laboral

- Os empregadors, públicos e privados, estarán obrigados a facilitar medidas que permitan a prestación laboral por medios non presenciais sempre que sexa posíbel.

Medidas de contención na actividade comercial e recreativa

- Suspensión da apertura ao público dos locais e estabelecementos dedicados ao esparexemento como cafés, circos, restaurantes, bares, discotecales, salas de xogos e apostas, recintos deportivos, museos, salas de conferencias, exposicións,...

- As cafetarías e restaurantes só poderán prestar servizos de entrega a domicilio.

- Estarán abertas as tendas de alimentos, bebidas, produtos de primeira necesidade, famarcias, médicos, ópticas, produtos ortopédicos, hixiénicos, prensa, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, tintorerías, salóns de peiteado, comercio por internet, telefónico ou por correspondencia.

- A permanencia nos estabelecementos cuxa apertura estea permitida será a estritamente necesaria para adquirir alimentos ou produtos de primeira necesidade e non se poderá consumir nos mesmos.

- Evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de polo menos un metro.

- Suspéndense verbenas, desfiles e festas populares.

Medidas de contención en lugares de culto

- A asistencia a lugares de culto e cerimonias civís e relixiosas, incluídas as fúnebres, deberán evitar aglomeracións de persoas e os asistentes deberán respectar un metro de distancia entre eles.

Medidas para reforzar o sistema nacional de saúde

- O Ministro de Sanidade asume o mando de todas as Autoridades civís e en particular as sanitarias, así como os funcionarios e traballadores.

- CCAA e Concellos manterán a xestión dos servizos sanitarios. Pero o ministro de Sanidade se reserva a facultade de garantir a cohesión e equidade do servizo.

- Asegurarase a plena disposición dos responsábeis de saúde pública, e dos funcionarios.

- Determinar a mellor a mellor distribución no territorio de todos os medios técnicos e persoais, de acordo coas necesidades.

- O persoal e os centros sanitarios de carácter militar contribuirán a reforzar o sistema nacional de saúde.

Medidas para fornecer bens e servizos de saúde pública

- O Ministro de Sanidade poderá impartir as ordes necesarias para asegurar o abastecemento e o funcionamento dos centros de produción afectados polo desabastecemento de produtos necesarios para a protección da saúde pública.

- Poderá intervir e ocupar transitoriamente industrias, fábricas, talleres, explotacións ou locais de calquera natureza, incluídos os centros, servizos e estabelecementos sanitarios de titularidade privada, así como a industria farmacéutica.

- Practicar requisas temporais de todo tipo de bens e impoñer prestacións persoais obrigatorias.

Medidas en materia de transportes

- O Ministro de Transportes ditará as ordes necesarias para garantir os servizos de mobilidade ordinarios ou extraordinarios.

- Mantense o 100 por cen do transporte ferroviario de proximidade e de transporte público de viaxeiros por estrada, ferroviario e marítimo

- Redúcense á metade os servizos ferroviarios de media distancia, os servizos regulares de transporte de viaxeiros por estrada e marítimo.

- Garantirase que os cidadáns poidan acceder aos seus postos de traballo e os servizos básicos en caso necesario.

- O ministro de Transportes estabelecerá as condicións para facilitar o transporte de mercadorías en todo o territorio

nacional, con obxecto de garantir o abastecemento.

- Os operadores de transporte de viaxeiros deberán realizar unha limpeza diaria dos vehículos, de acordo con Sanidade.

Medidas para garantir o abastecemento alimentario

- As autoridades competentes adoptarán as medidas necesarias para garantir o abastecemento alimentario nos lugares de consumo e o funcionamento dos servizos dos centros de produción.

- Cando resulte necesario por razóns de seguridade, poderase acordar o acompañamento dos vehículos que realicen o transporte dos bens mencionados.

- Estabeleceranse corredores sanitarios para permitir a entrada e saída de persoas, materias primas e produtos elaborados nos estabelecementos onde se produzan alimentos, incluídas as granxas, fábricas de pensos para alimentación animal e os matadoiros.

- Poderán acordar a intervención de empresas ou servizos, así como a mobilización das forzas e corpos de seguridade do Estado e das

Forzas Armadas co fin de asegurar o bo funcionamento do disposto no presente artigo.

Importación

- Garantirase o tránsito aduaneiro nos puntos de entrada ou puntos de inspección fronteiriza situados en portos ou aeroportos.

- Atenderase de maneira prioritaria os produtos que sexan de primeira

necesidade.

Garantía de subministración eléctrica, derivados do  petroleo e gas

- A autoridade competente poderá adoptar as medidas necesarias para garantir a subministración de enerxía eléctrica, derivados do petróleo e gas natural.

Operadores críticos de servizos esenciais

- Os operadores críticos de servizos esenciais previstos na Lei pola que se estabelecen medidas para a protección de infraestruturas críticas, adoptarán as medidas necesarias para asegurar a prestación dos servizos esenciais que lles son propios.

- Dita esixencia será igualmente adoptada por aquelas empresas e provedores que, non tendo a consideración de críticos, son esenciais para asegurar o abastecemento da poboación e os propios servizos esenciais.

Medios de comunicación de titularidade pública e privada

Os medios de comunicación social de titularidade pública e privada quedan obrigados á inserción de mensaxes, anuncios e comunicacións que as autoridades competentes delegadas, así como as administracións autonómicas e locais, consideren necesario emitir.

Réxime sancionador

O incumprimento ou a resistencia ás ordes das autoridades competentes no estado de alarma será sancionado conforme as leis, nos termos estabelecidos no artigo dez da Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño.

Persoal de misións diplomáticas

- Quedan exceptuadas das limitacións á liberdade de circulación o persoal estranxeiro acreditado como membro das misións diplomáticas, oficinas consulares e organismos internacionais sitos no Estado español, tanto para desprazamentos dentro do territorio nacional, como ao seu país de orixe ou a terceiros Estados, nos que se atope igualmente acreditado, sempre que se trate de desprazamentos vinculados co desenvolvemento de funcións oficiais.

Suspensión de prazos procesuais

- Suspéndense os termos e interrómpense os prazos previstos nas leis procesuais para todas as ordes xurisdicionais.

- O cómputo dos prazos renovarase no momento en que

perda vixencia o decreto de estado de alarma.

- Na orde xurisdicional penal a interrupción non se aplicará ás actuacións encomendadas aos servizos de garda, ás actuacións con detido, ás ordes de protección, ás actuacións urxentes en materia de vixilancia penal e a calquera medida cautelar en materia de violencia sobre a muller ou menores.

- En fase de instrución, o xuíz ou tribunal competente poderá acordar a práctica daquelas actuacións que, polo seu carácter urxente, sexan inaprazábeis.

- En relación co resto de ordes xurisdicionais a interrupción non será de aplicación ao procedemento para a protección dos dereitos fundamentais da persoa; aos procedementos de conflito colectivo e para a tutela dos dereitos fundamentais; á autorización xudicial para o internamento non voluntario por razón de trastorno psíquico nin á adopción de medidas de protección do menor.

- O xuíz ou tribunal poderá acordar a práctica de calquera actuacións xudiciais que sexa necesarias para evitar prexuízos irreparábeis nos dereitos e intereses lexítimos das partes no proceso.

Suspensión de prazos administrativos

- Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do Sector Público.

- O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o presente Real Decreto ou, no seu caso, prorrógalas do

mesmo.

- A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicarase a todo o Sector Publico.

- O órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo.

Ratificación das medidas adoptadas polas autoridades competentes

- Quedan ratificadas todas as disposicións e medidas adoptadas polas autoridades competentes das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais con ocasión do coronavirus  COVID-19 amparadas pola declaración do estado de alarma, que continuarán vixentes sempre que resulten compatíbeis co Real Decreto.

- A ratificación contemplada nesta disposición enténdese sen prexuízo da ratificación xudicial.

Habilitación

- Durante a vixencia do estado de alarma declarado por este Real Decreto o Goberno poderá ditar sucesivos decretos que modifiquen ou amplíen as medidas estabelecidas en leste.

- Haberá de dar conta ao Congreso dos Deputados.

Entrada en vigor

- O Real Decreto entrou en vigor no momento da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

Comentarios