OUTÓRGANSE O 28 DE XUÑO

Medalla Castelao 2012, para Manuela López Besteiro, Román García Varela, Arsenio Iglesias, Michel Salgado e Martinón Sánchez

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o decreto polo que se concede a Medalla Castelao 2012, coa que a Administración autonómica quere distinguir galegas e galegos cunha obra merecente do recoñecemento do seu pobo en calquera faceta da actividade humana.

 

photo_camera Manuela López Besteiro


O decreto aprobado hoxe acorda distinguir a profesora e ex conselleira Manuela López Besteiro, ao maxistrado do Tribunal Supremo Román García Varela, ao doutor en Medicina e especialista en Pediatría e Puericultura Federico Martinón Sánchez, ao ex futbolista e adestrador Arsenio Iglesias Pardo, e ao xogador de fútbol Michel Salgado.

Manuela López Besteiro, profesora de educación infantil e bacharelato e inspectora de educación conta cunha importante traxectoria política: deputada autonómica do 1990 ao 2009, desempeñou distintos cargos de responsabilidade na administración autonómica galega.

Pola súa banda, o sarriao Román García Varela accedeu ao Tribunal Supremo en 1989, sendo o maxistrado máis novo que accedía ao Alto Tribunal, con só 48 anos. Xa como maxistrado do Tribunal Supremo, en 1996 converteuse en maxistrado da Sala Primeira, a do Civil, e, ademais, é maxistrado participante na Sala Especial do artigo 61 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que é a que coñece dos procesos de ilegalización dos partidos ou dos procesos sobre declaración de erro xudicial.

O ourensán Federico Martinón Sánchez é doutor en Medicina, especialista en Pediatría e Puericultura, e membro de 25 asociacións científicas nacionais e internacionais, entre elas a Real Academia Galega e a Española. Foi xefe do Departamento de Pediatría do Hospital Público de Ourense durante 35 anos, dende 1977 ata a súa xubilación o pasado ano 2011.

Arsenio Iglesias, futbolista e adestrador galego nacido en Arteixo, desputou doce tempadas na Primeira División do fútbol español, como xogador, retirándose profesionalmente no 65. Como adestrador, destaca o ascenso do Depor á Primeira División na tempada 90-91. Por primeira vez na súa historia, o Depor se clasificase para xogar unha competición europea, a Copa da Uefa, e de gañar o primeiro título oficial da historia do Deportivo da Coruña, a Copa do Rei.

Por último, o futbolista Michel Salgado, nacido en As Neves (Pontevedra), comezou nas categorías inferiores do Celta de Vigo e na temporada 94-95 deu o salto á primeira plantilla do equipo vigués. Consolidouse como un dos mellores defensas do fútbol español, participando na Selección de Fútbol española no 98. Logo fichouno o Real Madrid e na temporada 94-95 deu o salto á primeira plantilla do equipo vigués. Hoxe, desenvolve o seu labor deportivo no club inglés Blackburn Rovers.

Comentarios