Artur Mas comunica a Rajoy na Moncloa que vai facer a consulta

“Non hai ningunha proposta do Estado para superar este conflito político que dicir que é ilegal” afirma o presidente catalán após a reunión. Mais tamén dixo que “hai un clima de diálogo aberto”.

La Moncloa
photo_camera [Imaxe La Moncloa]

Artur Mas comunicou a Mariano Rajoy na reunión de dúas horas e media que mantiveron na Moncloa que está decidido a facer a consulta, de acordo cun marco legal e, “se é posíbel”, de acordo co Estado español. Enfronte, asegura o presidente, un Mariano Rajoy que se limitou a lle dicir que a consulta era ilegal e que por iso non se podía facer. “Non teñen ningunha proposta máis que dicir que é ilegal”. Mas reiterou na súa comparecencia posterior que de haber vontade política pode haber unha consulta legal.

A comparecencia de Mas foi interrumpida brevemente por berros de ‘Viva España’

Mais Artur Mas tamén dixo que “hoxe non era o final de nada, hai un clima de diálogo aberto”. No transcurso do encontro o President entregou a Rajoy un documento con diversas reivindicacións da Generalitat en infraestruturas ou lei de dependencia.

Comentarios