Martiño X. Vázquez será o candidato de Ourense en Común nas municipais de 2019

Apresentáranse tres precandidaturas, mais só foi validade a do concelleiro Martiño X. Vázquez ao ser a única que obtivo o aval de dous terzos da asemblea.

Martiño X Vázquez
photo_camera Martiño X Vázquez [Foto: Ramsés Torres]

O proceso de escolla do número un da lista de Ourense en Común para as municipais de 2019 tivo dúas fases. Unha primeira, a da validación das candidaturas. O requisito previo era a consecución do apoio de dous terzos da asemblea de militantes da confluencia. Só Martiño X. Vázquez superou ese limiar e ficou por tanto habilitado para se apresentar ás primarias.

A segunda fase -a votación propiamente dita- tivo lugar este sábado. O único candidato en liza conseguiu 97,67 por cento dos votos emitidos telematicamente, cunha participación de 60 por cento do censo, sempre segundos dados facilitados por Ourense en Común.

Nas eleccións de maio de 2015, a confluencia conseguiu 10,37 por cento dos votos e tres representantes no concello, un deles o propio Martiño X. Vázquez.

Comentarios