Martiño Noriega volverá optar á alcaldía compostelá

Anunciouno na asamblea de Compostela Aberta.

Martiño
photo_camera Martiño

Martiño Noriega volverá optar á alcaldía de Santiago de Compostela, cidade da que é rexedor desde 2015. O anuncio fíxoo el propio na noite desta quinta feira na asemblea de Compostela Aberta, a candidatura que liderou unas municipais de hai tres anos e que volverá encabezar en maio de 2019.

Noriega impúxose un período de reflexión para meditar sobre se optaría á reelección, período no que valorou esta cuestión coa familia e cos seus compañeiros e compañeiras do grupo de goberno.

Co paso de Martiño Noriega xa só falta por coñecer quen encabezará a candidatura do PSdG na capital galega, toda vez que xa se coñecían os candidatos do BNG (Goretti Sanmartín) e PP (Agustín Hernández).

Comentarios