MARCADO POLO PRECEDENTE DE TELMO MARTÍN

Martiño Noriega seguirá como alcalde de Teo até as eleccións

O candidato a rexedor da capital de Galiza por Compostela Aberta manterase até os comicios como alcalde teense, descartando demitir.   

martinho_noriega_teo

Martiño Noriega preséntase como alcaldábel para Santiago pola candidatura de Compostela Aberta [é a única persoa que concorre ás primarias para ser cabeza de lista]. Mais non pensa demitir do seu actual cargo de alcalde de Teo, polo que seguirá nese posto até as eleccións do 24 de maio. Unha decisión que xustificou, nunha entrevista na Cadea Ser, apontando que non ve que haxa incompatibilidade entre ambas cousas. Afirmou que lle parece “moito máis obsceno” rexedores que se presentan a reelección e que aproveitan o cargo para facer campaña.

Na política galega, existe o precedente dun alcalde dun concello que se postula para o goberno municipal doutro municipio: Telmo Martín (PP). El si demitiu como alcalde

Porén, voces como a do ex-alcalde de Compostela, o socialista Sánchez Bugallo, pedíronlle que demitise como alcalde de Teo. Puxo os exemplos dos conselleiros de Facenda e Cultura, que deixaron os cargos para se presentar como candidatos do PP para Vigo e Ourense. E acusou o alcalde de Teo de usar Compostela “como trampolín”.

Un novo ciclo

Esta quinta feira Martiño Noriega compareceu ante a prensa e fíxoo ante a casa de Anxel Casal, alcalde nacionalista de Compostela asasinado en 1936 polos sublevados franquistas. Para Noriega, estas eleccións municipais van decorrer nun “momento histórico” que pode abrir “un novo ciclo político”.

Non hai moitos precedentes de alcaldes dun concello que aspiren a o ser doutro. Si é o caso de Telmo Martín (PP), quen en 2007 optou á alcaldía en Pontevedra após o seu paso polo goberno municipal de Sanxenxo. Martín foi designado candidato en xullo de 2006. Si que demitiu do seu cargo, en decembro, para afrontar a campaña eleitoral, que decorreu en maio.

Comentarios