ELECCIóNS XERAIS

Martiño Noriega pensa que a posición de Podemos “non se moveu especialmente”

O alcalde de Santiago e coportavoz de Anova, Martiño Noriega, apuntou esta mañá en declaracións aos medios que o posicionamento de Podemos sobre a candidatura para as eleccións xerais “non se moveu”.

Martiño Noriega [Imaxe de arquivo SG]
photo_camera Martiño Noriega [Imaxe de arquivo SG]

Preguntado pola presenza do secretario de Política de Podemos, Íñigo Errejón, en Galiza, o alcalde de Santiago e coportavoz de Anova, Martiño Noriega puxo de manifesto que a posición de Podemos en relación á candidatura para as eleccións xerais “non se moveu especialmente”. Sinalou que a de Anova “non é una posición de parte, senón baseada da experiencia”. “Non depende únicamente de cales son as posicións de partes, senón do obxectivo fundamental, que é abrir una nova etapa”, afirmou, segundo recolle Europa Press.

Sobre as declaracións de Errejón nas que tendeu a man a alianzas en Galiza a condición de ser Podemos “vector fundamental”, Noriega sinalou que “non pode haber estruturas prefixadas” e advertiu de que unha candidatura galega ten que ser un lugar de encontro no que as responsabilidades “estean prorrateadas”.

Para o alcalde de Santiago e coportavoz de Anova, só unha candidatura de unidade popular pode abrir “unha nova etapa”. Salientou que sen ela “haberá vitorias de parte”.

Comentarios