Martiño Noriega decidirá en 2018 se volve optar á alcaldía de Compostela

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, non decidirá antes do verán de 2018 se volve optar ao posto en 2019. Así o manifestou esta cuarta feira, despois dun almorzo informativo con todas as concelleiras e concelleiros do seu grupo de goberno, aínda que advertiu “non se atopa en coordinadas preelectorais”.
 

Martiño Noriega [Imaxe de arquivo SG]
photo_camera O alcalde de Compostela Martiño Noriega Foto: arquivo SG

Malia todo, engadiu, xa comunicou eses prazos ao seu equipo. A maiores, Noriega afirmou que Compostela Aberta -a candidatura que encabezou apoiada por Anova, Esquerda Unida, Podemos e numerosos independentes- “se atopa consolidada e chegou para ficar”.  

Nas eleccións de maio de 2015, Compostela Aberta foi a lista máis votada. Obtivo dez edís. Seguiuna o PP, con nove, o PSdeG, con catro, e o BNG, con dous. As últimas enquisas coñecidas apuntan cara ao ascenso de Compostela Aberta, a certa recuperación do Bloque e á baixada de PP e PSdeG.

Comentarios